Saltar ao contido principal

O ENTROIDO: AS ORDES DE LEO LEO :)


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONMEMORAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

  Se o Día das Bibliotecas Escolares quereDEs festexar, a tarefa do VOSO curso debeREDES realizar. Sodes quén de recomendar un libro de lectura? Seguro que sí!  Esmerádevos e compartide os vosos gustos! :) Apertas, lectores/as. Asdo. Leo- Leo   P.D. Quero que as vosas familias tamén me coñezan e poidan participar da biblioteca do noso cole, do noso Proxecto e do blogue; así que levade cada un de vós unha desas notiñas informativas  para casa ;) 

XA ESTAMOS DE VOLTA

 Leo Leo xa está de volta, con moita enerxía e moitas novidades, comezando cunha biblioteca renovada que inauguramos o día 20 de outubro, con moitas sorpresas, entre elas unha visita moi especial: a da escritora Érica Esmorís que traballou cos nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, os seus libros. Ademais dunha mensaxe miña moi especial para todos os nenos e nenas do cole do Vicedo.     Por outra banda, iniciamos con moita ilusión un novo proxecto moi importante “O Vicedo emocional” que traballaremos ao longo do curso para coñecer todas as emocións que sentimos día a día, e así, comprendelas mellor.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE - 7 DE ABRIL

Estamos de volta, cuns diiñas de retraso ao  collernos a Semana Santa polo medio... Mais aquí temos as actividades que fixemos dende o cole para conmemorar o día Mundial da Saúde. Por unha banda os máis pequenos traballaron as nocions básicas dunha RCP, a través da "Canción da reanimación". Os nenos de 5º e 6º curso de Primaria tiveron a sorte de recibir unha charla sobre primeiros auxilios, a cargo de Marcos (bombeiro profesional do parque de Arteixo) e de Suso (Protección Civil do Vicedo). Aprendimos e desfrutámolo moito! "A CANCIÓN DA REANIMACIÓN" (4º, 5º, 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria) "CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS" (5º e 6º de Primaria)