Leo Leo xa está de volta, con moita
enerxía e moitas novidades, comezando cunha biblioteca renovada que inauguramos
o día 20 de outubro, con moitas sorpresas, entre elas unha visita moi especial:
a da escritora Érica Esmorís que traballou cos nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, os seus libros. Ademais dunha mensaxe miña moi especial
para todos os nenos e nenas do cole do Vicedo.
Leo- Leo deséxavos unhas moi Felices Festas, e... de que mellor maneira que acompañados/as dunhas asombrosas lecturas? Adxuntamos a continuación unha serie de recomendacións lectoras para o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Familias. Estaremos así axudando ao Papá Noel e aos Reis Magos con ideas novas? Serán estes algúns dos detalliños que atoparedes baixo a árbore? Disfrutade destes días, súper- lectores/as :) Bo Nadal e Próspero 2022


Comentarios
Publicar un comentario