Saltar ao contido principal

SEMANA DO LIBRO

O 23 de Abril conmemorouse o día do libro e a semana previa, no centro, levamos a cabo unha serie de actividades coas que tentamos inspirar no alumnado o gusto polos libros. Promover a lectura entre os máis pequenos é a mellor forma de crear lectores do futuro, e tamén de hoxe.

BOOKFACE: A FACIANA DOS LIBROS
Nesta actividade o alumnado fundiuse coas portadas dos libros. Encaixaron os seus rostros con moita creatividade e imaxinación.



HOXE CONTO EU: BOOKTUBERS
Nenos/as e familias convertéronse en contacontos. Abraiantes as historias e as representacions que fixeron. ¡Dentro vídeos!

Mario (1º Primaria). "A que sabe a lúa".


Roberto (4º Primaria). "Paco Papán"





 

 

 LECTURA EN FAMILIA
Tivemos a gran sorte de contar coa colaboración das nais e pais dos nenos, que viñeron de visita ao cole para nos contar relatos, historias e contos do gusto dos pequenos/as. ¡Unha experiencia do máis enriquecedora!




 
 










Comentarios

Publicacións populares deste blog

CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO

 Comezamos  esta celebración cunha obra de teatro moi especial, chamada "Ler mola, non te equivoques".  Escrita por dúas alumnas de 5º e 6º de educación primaria, Alba e Noa, que interpretaron cos seus compañeiros. Aquí está o enlace para ver a obra: "Ler mola, non te equivoques"

25 N- EN O VICEDO DICIMOS NON! Á VIOLENCIA

 Dende o CEIP O VICEDO, quixemos deixar a nosa pegada, quedando patente o noso rexeitamento cara calquera tipo de violencia. STOP Á VIOLENCIA!

Leo- Leo deséxavos unhas moi Felices Festas...

Leo- Leo deséxavos unhas moi Felices Festas, e...  de que mellor maneira que acompañados/as dunhas asombrosas lecturas? Adxuntamos a continuación unha serie de recomendacións lectoras para o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Familias.  Estaremos así axudando ao Papá Noel e aos Reis Magos con ideas novas? Serán estes algúns dos detalliños que atoparedes baixo a árbore? Disfrutade destes días, súper- lectores/as :) Bo Nadal e Próspero 2022