Saltar ao contido principal

Día escolar da Non Violencia e da Paz. 30 de Xaneiro

 O pasado luns conmemoramos no cole o día da non violencia e da paz. Puxemos en marcha a campaña de vacinación "Vacínate pola paz". Os nenos e nenas  crearon cadansúa vacina con mensaxes positivas en galego para combatir os virus da violencia.

Pasamos unha mañá do máis productiva elaborando un mural  e pasando todos (nenos e mestres) polo punto de vacinación, no que as profes-sanitarias nos deron un certificado en forma de adhesivo.

¡Compartimos unhas imaxes!

                                 








Comentarios

Publicacións populares deste blog

CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO

 Comezamos  esta celebración cunha obra de teatro moi especial, chamada "Ler mola, non te equivoques".  Escrita por dúas alumnas de 5º e 6º de educación primaria, Alba e Noa, que interpretaron cos seus compañeiros. Aquí está o enlace para ver a obra: "Ler mola, non te equivoques"

25 N- EN O VICEDO DICIMOS NON! Á VIOLENCIA

 Dende o CEIP O VICEDO, quixemos deixar a nosa pegada, quedando patente o noso rexeitamento cara calquera tipo de violencia. STOP Á VIOLENCIA!

Leo- Leo deséxavos unhas moi Felices Festas...

Leo- Leo deséxavos unhas moi Felices Festas, e...  de que mellor maneira que acompañados/as dunhas asombrosas lecturas? Adxuntamos a continuación unha serie de recomendacións lectoras para o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Familias.  Estaremos así axudando ao Papá Noel e aos Reis Magos con ideas novas? Serán estes algúns dos detalliños que atoparedes baixo a árbore? Disfrutade destes días, súper- lectores/as :) Bo Nadal e Próspero 2022