Saltar ao contido principal

EU RECOMENDO...

 

Así de vistoso quedou o mural realizado polos alumnos/as do CEIP O VICEDO con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares.

Baixo o lema "EU RECOMENDO...", os máis pequenos debuxaron a portada dun dos seus libros favoritos e incluíron o título. Xa en Primaria, cubriron unha ficha máis complexa na que profundizaron en título, autor, personaxes, o porqué da súa recomendación...

📚GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN 📚 

P.D. VER A ALGUÉN LENDO UN LIBRO QUE CHE GUSTA É VER A UN LIBRO RECOMENDÁNDOCHE A UNHA PERSOA (Anónimo)




Comentarios

Publicacións populares deste blog

CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO

 Comezamos  esta celebración cunha obra de teatro moi especial, chamada "Ler mola, non te equivoques".  Escrita por dúas alumnas de 5º e 6º de educación primaria, Alba e Noa, que interpretaron cos seus compañeiros. Aquí está o enlace para ver a obra: "Ler mola, non te equivoques"

25 N- EN O VICEDO DICIMOS NON! Á VIOLENCIA

 Dende o CEIP O VICEDO, quixemos deixar a nosa pegada, quedando patente o noso rexeitamento cara calquera tipo de violencia. STOP Á VIOLENCIA!

Leo- Leo deséxavos unhas moi Felices Festas...

Leo- Leo deséxavos unhas moi Felices Festas, e...  de que mellor maneira que acompañados/as dunhas asombrosas lecturas? Adxuntamos a continuación unha serie de recomendacións lectoras para o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Familias.  Estaremos así axudando ao Papá Noel e aos Reis Magos con ideas novas? Serán estes algúns dos detalliños que atoparedes baixo a árbore? Disfrutade destes días, súper- lectores/as :) Bo Nadal e Próspero 2022